Friday 10 de May de 2024

A Xunta realizou 57 actuacións desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde na comarca do Barbanza


Desinfectan as áreas rurais máis concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio todos os días da semana
Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia realizaron xa, desde o comezo da crisis do Coronaviros, 57 actuacións de desinfección dos exteriores das residencias de maiores, das de discapacitados e dos centros de saúde en Lousame por ser un concello de menos de 5.000 habitantes.

Así, os axentes ambientais e bombeiros forestais do SPDCIF actuaron en 6 ocasións para limpar e desinfectar o centro de saúde de Lousame desde o inicio da situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. Os profesionais do SPDCIF están desinfectando estas áreas rurais tan concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio. No ámbito provincial, os axentes e bombeiros forestais realizaron 344 actuacións en 45 concellos.

Para executar estes traballos, os efectivos contan coa debida formación para facelos e con todo o material de protección necesario para asistir con todas as garantías sanitarias, así como cos protocolos de actuación pertinentes, seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias ao efecto. Tamén dispoñen da maquinaria e os produtos precisos para efectuar as desinfeccións. Ademais de desinfectar, establecerán contacto cos profesionais das residencias e reforzarán os seus protocolos de prevención.

En concreto, estes labores, que se están organizando diariamente, incluídos sábados e domingos, están sendo executadas por traballadores que participan voluntariamente na iniciativa durante as súas quendas de traballo. Con todo, é sabido que a súa función principal e primordial é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar, unha cuestión que está garantida.

DATA CONCELLO CENTRO
25-26/03 Lousame Centro de saúde de Lousame – Portobravo.
27-28-29/03 Lousame Centro de saúde de Lousame – Portobravo.
30-31/03 Lousame Centro de saúde de Lousame – Portobravo.
03-04-05/04 Lousame Centro de saúde de Lousame – Portobravo.
06-07/04 Lousame Centro de saúde de Lousame – Portobravo.
10/04 Lousame Centro de saúde de Lousame – Portobravo.